Reto solidario · 203 km non stop

Son raro.
Son único.

Dani e Iago percorrerán 203 km de O Camiño dos Faros a beneficio de ASFEGA, a asociación galega que acompaña ás familias con enfermidades metabólicas raras.

Grazas aos patrocinadores
Sorteo entre doantes

Doa e entra no sorteo de 12 premios

Grazas aos nosos patrocinadores, sorteamos 8 botellas de viño e 4 lotes de alfarería entre todas as persoas que doaron. Cada doazón é unha participación.

×8 Botellas de viño O Camiño dos Faros de Bodegas Cunqueiro, unha etiqueta por faro PorBodegas Cunqueiro

Unha por etapa · 8 gañadores

8 botellas «O Camiño dos Faros»

Viño de Bodegas Cunqueiro cunha etiqueta diferente para cada faro. Sorteamos unha botella por cada etapa do Camiño.

×1 Alfarería de Rulo · Olería de Buño PorRulo

Cerámica artesá

1 lote de alfarería de Rulo

Pezas feitas a man por Rulo, na tradición oleira de Buño (Malpica).

×3 Cerámica artesanal de Feituras PorFeituras — Tenda de cerámica

Tenda de cerámica

3 lotes de cerámica de Feituras

Selección de pezas de Feituras, tenda de cerámica artesá.

2 lotes de Feituras + 1 lote que dona Marco a título persoal

Participas automaticamente con calquera doazón feita durante a campaña — non tes que facer nada máis. O sorteo xa se realizou. Consulta os gañadores máis abaixo.

✓ Sorteo realizado

Gañadores do sorteo

Estes son os resultados do sorteo entre todos os doantes. Por privacidade, os correos amósanse parcialmente ocultos.

Premio 1 Viño · Etapa 1 · Malpica → Niñóns
Gañador/abeao•••@hotm•••.com
Suplente 1info•••@axus•••.com
Suplente 2caro•••@gmai•••.com
Premio 2 Viño · Etapa 2 · Niñóns → Ponteceso
Gañador/aanto•••@hotm•••.com
Suplente 1coco•••@gmai•••.com
Suplente 2paol•••@hotm•••.com
Premio 3 Viño · Etapa 3 · Ponteceso → Laxe
Gañador/avane•••@iclo•••.com
Suplente 1cris•••@gmai•••.com
Suplente 2ampi•••@gmai•••.com
Premio 4 Viño · Etapa 4 · Laxe → Arou
Gañador/aisus•••@gmai•••.com
Suplente 1kath•••@hotm•••.com
Suplente 2dieg•••@gmai•••.com
Premio 5 Viño · Etapa 5 · Arou → Camariñas
Gañador/anoe_•••@hotm•••.com
Suplente 1junq•••@gmai•••.com
Suplente 2mila•••@hotm•••.com
Premio 6 Viño · Etapa 6 · Camariñas → Muxía
Gañador/adel.•••@gmai•••.com
Suplente 1scql•••@gmai•••.com
Suplente 2lgra•••@gmai•••.com
Premio 7 Viño · Etapa 7 · Muxía → Nemiña
Gañador/avale•••@gmai•••.com
Suplente 1sand•••@gmai•••.com
Suplente 2ange•••@gmai•••.com
Premio 8 Viño · Etapa 8 · Nemiña → Fisterra
Gañador/abenl•••@univ•••.es
Suplente 1pele•••@gmai•••.com
Suplente 2ferr•••@gmai•••.com
Premio 9 Cerámica · Feituras (1)
Gañador/aesth•••@hotm•••.com
Suplente 1anad•••@gmai•••.com
Suplente 2hugo•••@gmai•••.com
Premio 10 Cerámica · Feituras (2)
Gañador/ampor•••@gmai•••.com
Suplente 1quen•••@gmai•••.com
Suplente 2anax•••@hotm•••.com
Premio 11 Cerámica · Feituras (3 · doa Marco ♥)
Gañador/asusa•••@gmai•••.com
Suplente 1anto•••@gmai•••.com
Suplente 2noel•••@gmai•••.com
Premio 12 Alfarería · Rulo (Olería de Buño)
Gañador/achus•••@hotm•••.com
Suplente 1eval•••@hotm•••.es
Suplente 2mavi•••@gmai•••.com

Contactarase por email co/a gañador/a de cada premio. Se non responde en 1 semana, o premio pasa ao suplente 1; noutra semana, ao suplente 2.

Botella de viño «O Camiño dos Faros» Aínda quedan — km libres · adóptaos Adopta o teu Entre todos os doantes sortéase unha botella de viño «O Camiño dos Faros» por cada etapa
Radio Nordés · Cadena SER
Na radio

A entrevista en Radio Nordés

Falamos do reto e de ASFEGA na Cadena SER. Dálle ao play e escóitaa.

0:000:00
15 reproducións
O reto comeza en
00Días
00Horas
00Minutos
00Segundos

25 de xullo · 05:00 hhora peninsular (CEST)

203 quilómetros por ASFEGA

A Asociación Fenilcetonúrica e OTM de Galicia acompaña cada día a familias galegas afectadas por enfermidades metabólicas raras, como a fenilcetonuria ou a enfermidade do xarope de pradairo. Cada quilómetro adoptado convértese en axuda real para elas.

Visita a web de ASFEGA

Alimentación especial

Os produtos baixos en proteínas son caros e difíciles de atopar. ASFEGA axuda ás familias a acceder a eles.

Orientación e apoio

Acompañamento desde o diagnóstico: información, xestión de axudas e contacto con especialistas.

Comunidade

Encontros e actividades que unen a familias que comparten experiencia. Ninguén camiña só.

Divulgación

Visibilidade e impulso á investigación das enfermidades metabólicas hereditarias.

Malpica → Fisterra

203 km pola Costa da Morte · faro a faro

0quilómetros adoptados
0 €recadados
203quilómetros totais

Adopta o teu quilómetro

Dispoñible Adoptado

Elixe un quilómetro dispoñible de calquera etapa, deixa o teu nome ou o da túa empresa, ou marca a opción de aparecer como anónimo. Toda a recadación entrégase integramente a ASFEGA.

0 / 203 KM

Prefires achegar sen elixir quilómetro?

Cada euro suma. Toda a recadación vai íntegra a ASFEGA.

Cada paso.
Cada faro.
Cada quilómetro.
Por ASFEGA.

Flecha verde que señaliza O Camiño dos Faros sobre la costa
As frechas verdes marcan o camiño

O reto

Dani e Iago percorrerán os 203 quilómetros de O Camiño dos Faros —de Malpica a Fisterra, pola Costa da Morte— dunha soa tirada. Un desafío físico e mental nacido dunha historia próxima de Malpica: a dunha familia que atopou en ASFEGA o apoio que precisaba. Este reto converte cada quilómetro de costa en axuda real para todas as familias da asociación.

Mapa de la ruta de O Camiño dos Faros por la Costa da Morte, de Malpica a Fisterra
203 kmdistancia
+10.000 mdesnivel
Non stopsen durmir
Costa da MorteMalpica → Fisterra
Os que corren

Detrás do reto: Dani e Iago

Dous amigos da Costa da Morte unidos pola mesma teima: correr lonxe, correr xuntos e que cada quilómetro teña sentido.

Dani e Iago correndo ao amencer pola costa galega

Levan meses preparando o corpo e a cabeza para enfrontarse aos 203 quilómetros do Camiño dos Faros dunha soa tirada, de Malpica a Fisterra, sen durmir. Saen a correr antes de que amenceza, comparten silencios e desniveis, e atópanse cada semana coa mesma costa que pronto percorrerán enteira.

Non o fan por unha marca nin por unha medalla. Fano porque coñecen de preto a historia dunha familia de Malpica que atopou en ASFEGA o apoio que precisaba, e quixeron converter cada paso seu en axuda real. Por iso corren. Por iso che piden que adoptes un quilómetro.

01

Dani

Compañeiro de adestramento

Pon o ritmo, o humor e a constancia nos adestramentos máis duros. Cando o corpo di abonda, é o que segue tirando para diante. Sen el, este reto non sería o mesmo.

02

Iago

Compañeiro de adestramento

Apaixonado da montaña, da costa galega e de levar o corpo ata onde poucos chegan. Detrás deste reto —e tamén desta web— hai moitas horas de adestramento e de ilusión por axudar ás familias de ASFEGA.

Colaboradores